sexta-feira, 21 de março de 2014

Elipse Núm. 2 em Cangas + surpresa

rosanegra, Cruz Martinez e Alexandre Insua de Círculo Edições apresentando Elipse nº2.


Luis Viñas, pintor e ilustrador, con Círculo Edições, colaborando na apresentação da SURPRESA.





quarta-feira, 12 de março de 2014

Sandra Carballa 2 (de 3)

Pertenza. Performance.
(Publicada em Elipse núm. 1, outubro de 2013)

Sandra Carballa (Meis, Galiza)

»...Non foi ate os 25 anos que ingresei na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, na que realmente abriuse un abano de posibilidades para a creación. Este período axudoume a atopar os meus recursos para traballar. Así,cunha bolsa ERASMUS, fixen un taller de ferformance en Irlanda, e unha posta en escena dos resultados cunha performance chamada "Unha cousa non quita á outra". Após disto participei en Pontevedra en "Desfunción". Fixen estoutra performance que aparece aquí,"Pertenza". E sigo facendo, sempre que podo, pequenas accións que poden coincidir con inauguracións de exposicións, coma a última no bar "A Trastenda" onde a acción consistía en facer unha presentación da miña obra en galego, castelán e inglés, titulada "Stupid Trilinguism". Ou outra titulada, "non podo, estou fregando" onde pasei toda unha inauguración fregando pratos...

quinta-feira, 6 de março de 2014

Sandra Carballa 1 (de 3)

Matriarcado. Óleo/Teia. 87 x 62cm.
(Publicada em Elipse núm. 1, outubro de 2013)

Sandra Carballa (Meis, Galiza)

«Pódese dicir que dende pequena, sempre vivín nun mundo paralelo ao que transcorría ao meu redor, gostaba de tombarme na cama e buscar imaxes no teito da miña habitación encalada, Tamén gostaba de crear pequenos tesouros con calquera material. Alá polos quince anos, funme á Escola de Canteiros de Poio, onde tiven contacto cunha chea de materiais e de persoas, especialmente coa pintura, cousa que influíu de xeito importante no meu camiño artístico. Tamén descubrín que a pedra non era o meu...